martes, 18 de enero de 2011

Resumo da reunión con Concello e SMD

Unha vez analizado o exposto polo SMD consideramos moi tardía a súa implicación é un intento de desviar a atención para fins que explicaremos a continuación.

Os datos que manexaba o Sr. Otero estaban totalmente deasactualizados e modificaban todas as posibles actuacións (falta de permisos da hidrográfica, falta de infraestruturas no campo de terra, modificación do proxecto que el logo foi a solicitar á Xunta, etc).

Acusó abertamente ao Ribeiro FC de ser os promotores únicos do proxecto en detrimento do propio Concello.

Insinuou, e isto é o máis grave, que houbese outras prioridades antes que a construción dun campo de herba artificial....

En definitiva, cremos que é bo que o SMD se implique e da súa opinión técnica na construción dunha instalación deportiva. O que non é de recibo é que sexa agora cando se interese e que enfoque o proxecto noutra dirección que provoque o atraso ou a paralización deste.

No campo de terra hai diariamente moitos usuarios e saben o estado dese campo; en ningún momento viron o responsable do SMD visitalas. O campo de herba artificial é unha prioridade para a Bisbarra do Ribeiro e ten que facerse XA.

A plataforma cidadá "Campo de herba artificial XA" considera que non podemos volver a formulacións xa realizadas anteriormente e totalmente resoltas. O Concello de Ribadavia ten todo o noso apoio e confianza para continuar no desenvolvemento dos compromisos alcanzados nas múltiples reunións mantidas con esta plataforma e estaremos moi atentos a calquera movemento estraño que poida retardar este proxecto tan necesario para os máis de 150 usuarios da instalación.

Solicitamos ao Servizo Municipal de Deportes a súa total implicación neste proxecto e colabore para que a devandita instalación sexa unha realidade no menor tempo posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario